martes, 13 de abril de 2010

Novos profesionais para un novo xornalismo

Duarte Romero Varela e Deborah Castro Mariño son dous estudantes de xornalismo de cuarto curso dá facultade de Ciencias de ComunicaciónUniversidade de Santiago. As portas de converterse en licenciados, reflexionan sobre o futuro dá súa profesión no suplemento Universidade do xornal GaliciaHoxe

Deborah sempre tivo moi clara a súa vocación “ao fin e ao cabo, e como dixo García Márquez, o xornalismo é o meior oficio do mundo”, afirma esta moza de Vilagarcía de Arousa. Sen embargo os cambios que sofre actualmente esta disciplina coa irrupción de Internet, crean unha certa inquedanza en Castro Mariño. Segundo cre Deborah “de que serven estes cambios se o xornalismo continúa enfermo de gravidade, se hai xornalistas que desexan abandonar a profesión?”. A solución segundo esta futura profesional é sinxela, “só nós, os xornalistas do presente e do futuro, poderemos recuperar a súa dignidade”.

Duarte ten vinte e un anos e como calquer mozo deste século as súas formas de acceder a información distan moito dos métodos usados por algúns dos seus profesores. “Non se me ocorre mercar o xornal nada máis saír dá casa, prefiro prender o computador” explica este mozo naronés. Ao igual que a súa compañeira, destaca a metamorfose que está a sufrir o xornalismo coas novas tecnoloxías e preguntase si a resposta a este cambio non será a creación de novas linguaxes que se adapten ós novos soportes na rede.

Deborah Castro e Duarte Romero son os primeiros dunha serie de alumnos de Obradoiro de Aplicacións na Rede, materia que imparte o profesor Luís Celeiro, que deixarán plasmadas as súas opinións sobre o futuro do xornalismo nas páxinas do xornal GaliciaHoxe.


Verónica López Oseira

No hay comentarios:

Publicar un comentario