martes, 4 de mayo de 2010

Os novos xornalistas coinciden: o futuro da profesión está no ciberespacio

Jorge Lema, Karina Rivero e Andrea Carcacía son os tres estudantes da facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago que esta semana opinan sobre o futuro da súa profesión no suplemento Universidade do xornal GaliciaHoxe. Ademais desde agora o xornal conta cun blog titulado Xornalismo no futuro onde recolle os artigos destes futuros profesionais.
A pasada semana foi a quenda de Duarte Romero e Deborah Castro que como Jorge, Karina e Andrea opinan que o futuro do xornalismo esta na rede. Ademais todos mostran nos seus artigos unha certa inquedanza polos vindeiros anos.

Karina é unha moza de Xinzo da Límia que se define como “inxenua, soñadora e con metas espaciais”. No seu artigos reflexiona sobre os novos espazos donde facer xornalismo. Rivero plantéxase unha serie de preguntas sobre o problema do negocio da prensa. “Por que pagar por algo que podo ter gratis?...Estan os medios cavando a súa propia tumba?” di esta estudante. Todos os lectores se fan a mesma pregunta, pero a cuestión é se hai solución. Según Karina se ha publicidade é a principal fonte de ingresos dos medios, os novos espazos tamén ofrecen esa posibilidade.

Outro dos estudantes de xornalismo elexido por GaliciaHoxe para falar sobre o seu futuro profesional é Jorge Lema. Este mozo da Costa da Morte, apaixoado dos deportes ten vinte dous anos e está a piques de rematar a carreira. Como a maioría dos seus compañeiros de aulas ve o futuro con incertidume. No seu artigo Jorge asegura que “a única saída posible é mellorar; traballar para ofrecer cada día algo mellor”.

Pola súa parte, Andrea Carcacía, como os anteriores estudantes cre que o futuro da súa profesión está en Internet, pero ademais incorpora no seu discurso un novo aspecto fundamental no xornalismo actual, a participación cidadá. Para esta moza ourensá “é necesario modernizarse pero tamén que os xornalistas realicen a súa tarefa de ir máis alá dos feitos e de darlle un toque humano”, ademais añade que “sen eles, o xornalismo non sería puro xornalismo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario