martes, 4 de mayo de 2010

Aplicación: descubregalicia

Descubre Galicia é un portal web que nos ofrece a posibilidade de facer un percorrido virtual de 360º por vilas e lugares de Galicia sen movernos da nosa casa. Con contidos en catro idiomas (galego, español, francés e inglés), está concibido como unha sinxela e práctica ferramenta de promoción turística da Comunidade galega.

O sitio conta con gran cantidade de información acerca de corenta e sete cidades e lugares de interese de Galicia son: A Coruña, A Estrada, A Guarda, Allariz, Baiona, Barro A Barosa, Bertamiráns, Boiro, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, Carballedo, Catoira, Fisterra, Fragas do Eume, Gondomar Illa da Toxa, Illa de Arousa, Illa de San Simón, Illas Cíes, Lugo, Marín Meis, Melide, Moaña, Moraña, Muxía, Nigrán, O Barco de Valedoras, O Grove, Oia, Ourense, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Portemaceira, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Santiago, Sansenxo, Soutomaior, Tui, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Viveiro e Xinzo da Limia. Permite que visites virtualmente distintos espazos destas cidades cun so golpe de rato sobre uns pequenos ollos laranxas que aparecen na imaxe, ademais, nalgúns casos, ofrécenos información sobre aloxamento, cafés e pubs, centros comerciais, exposicións e lugares con dispoñibilidade de Internet, entre outros. En canto aos contidos de imaxes, poden realizarse tours virtuais, ver fotografías, vídeos, mapas e mapas satélites.
En tanto, para saber un pouco máis de cada sitio, a información complétase con datos tales como: como chegar, xeografía, historia e festas do lugar.

Ademais, o portal explica e percorre as rutas do camiño portugués de Santiago de Compostela e o Camiño pola Costa de maneira virtual, seguíndoas nun mapa, brindando información de cada cidade e con vistas en 360° deses destinos.

Tamén ofrece un menú con datos de interese tales como links con Meteogalicia, Crtvga, reservas online, enlaces dalgúns lugares como as Rías baixas ou información sobre preguntas frecuentes ou productos típicos galegos, ademais dun enlace coa rede social Facebook.

O portal tamén da a posibilidade de visitar outras cidades do mundo a través dun link coa páxina VirtualPlanet360. Tamén podes recomendar o lugar ou coñecer todas as novas relacionadas coa páxina nos medios.

Verónica López Oseira

No hay comentarios:

Publicar un comentario