Hoxe, martes catro de maio o xornal GaliciaHoxe publica no seu suplemento Universidade, como ven sendo habitual cada semana, os artigos de tres novos futuros xornalistas, estudantes da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Nesta ocasión as elixidas foron Julia Fontenla, Laura Torres e Verónica López. Como en anteriores artigos estas tres mozas coinciden en que o futuro da súa profesión está na rede.
Laura Torres, natural de Venezuela, aposta porque sexamos nós os que mudemos a forma de entender o xornalismo na rede, aínda que os estudantes desta profesión non contan coa teoría, os medios e a mentalidade necesaria para poder levar a cabo este cambio. A metodoloxía de ensino das facultades comeza a mostrar un certo interese polas novas tecnoloxías e o xornalismo dixital pero estamos no principio da revolución e só a través da experiencia e do propio interese poderemos avanzar cara a novas técnicas e formas de facer un xornalismo de calidade na rede.
“Pensamento crítico ante os feitos, nada é o que parece ate que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir”. Esta cita de Julia Fontenla resume moi ben a labor de calquera bo xornalista, sen embargo hoxe en día isto é mais unha utopía que unha realidade. O traballo nos gabinetes, a rapidez mediática que esixe esta profesión fan, que moitas veces esquezámonos dese pensamento crítico e de contrastar todas as fontes. Tanto a rede como o papel están infestados de notas de prensa que a propia fonte emite segundo os seus intereses; de opinións de xornalistas e cidadáns que as veces nos fan confundir a obxectividade dun feito coa subxectividade dá nosa visión. Como di Fontela está nas nosas mans “dar tódolos datos fieis á realidade”.
martes, 4 de mayo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario