Alba Pinto e Manuel Ródriguez son os últimos alumnos da materia 'Obradoiro de Aplicacións na Rede', que imparte Lois Celeiro Álvarez na Facultade de Ciencias de Comunicación da USC. Durante o último mes os futuros xornalistas presentaron no suplemento Universidade do Xornal Galicia Hoxe unha serie de artigos sobre como ven a súa profesión. Ademais este xornal tamén reuniu nun weblog estas colaboracións.
O artigo de Manuel céntrase no presente do xornalismo, na situación que actualmente vive a profesión. “Éncheselle a boca con todas estas verbas coma liberdade de expresión, democracia,… Pero a verdade achégase máis a un xornalista que funciona como altofalante de gobernos e grandes corporacións, silenciando información argumentando esa falacia de obxectividade (se se denuncia a alguén pouco importa que isto se basee en feitos irrefutables, pois estará o xornalista actuando de maneira imparcial)”. Pero este mozo tamén fala do futuro. Rodríguez dí “en internet podemos achar unha alternativa, con múltiples webs de contrainformación e de xornalismo cidadán”. Non sei ate que punto o xornalismo cidadá pode ser un futuro fiable. O chamado xornalismo cidadá da voz e converte en xornalistas os cidadáns de a pé, primeiro comunica e logo a sociedade filtra a información que quere recibir. Pola súa contra os medios primeiro filtran a información e logo comunican. Entón quen pode corroborar que sexa certa toda a maraña de información que hoxe en día circula na rede? Creo que este é o punto mais fraco da Internet, un aspecto que é necesario resolver primeiramente para non acabar nunha sociedade da desinformación.
Pola súa parte Alba Pinto mostra o pasado e o futuro do xornalismo. “O Xornalismo cambiou. Evolucionou en canto empezou a considerarse un negocio e as moedas comezaron a brillar máis que a tinta. Iso destrúe os soños que puidemos ter; pero tamén pode crear outros”, afirma Pinto. Quedo con esta frase de Alba, porque para min resume fielmente o pasado e presente do xornalismo e o pasado e futuro dos meus soños como profesional. Todos chegamos as aulas con esas ideas que A. Pinto describe e polo camiño fomos vendo que eran máis un soño que unha realidade, pero tamén os que seguimos confiando e crendo nesta profesión buscaremos unha nova vía para informar, obxectivamente e sen presións. Utopía ou realidade, nas nosas mans está o futuro da nosa profesión e dos nosos soños.
martes, 25 de mayo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario