viernes, 21 de mayo de 2010

O Xornalismo ten futuro

Como ven sendo habitual no último mes, este martes o Xornal GaliciaHoxe publica no seu suplemento Universidade e no seu blog “Xornalismo no futuro”, tres novos artigos dos alumnos de xornalismo da USC. Alba Naveira, Alba Chao e Fernando Barros mostran ante os lectores as súas inquedanzas e opinións sobre o futuro da súa profesión.
Barros da un título rotundo o seu artigo: “O xornalismo non ten futuro”, pero cando nos mergullamos no texto comprendemos o significado desta afirmación. A este alumno o que mais lle preocupa é o intrusismo que sofre a profesión. “Na nosa profesión cada vez aparecen máis historiadores, letrados, e mesmo científicos que especializados nos seus ámbitos, se van introducindo cada vez máis neste mundo desprazando dese xeito os xenuínos comunicadores”, afirma Fernando. A realidade é que moitos xornalistas que hoxe en día exercen, sobre todo en Galicia, non pasaron por ningunha facultade de Comunicación, sen embargo a experiencia laboral fainos coñecedores da profesión moito mellor que un xornalista recen licenciado.


Alba Chao cree no futuro do xornalismo pero só posible si os futuros xornalistas e os medios conseguen adaptarse as novas tecnoloxías. Ademais esta moza afirma que “nunca se poderá prescindir de persoas cualificadas que informen os cidadáns”, así que según Ela non debemos temer o futuro.

Alba Naveira pola súa parte fala do risco que teñen as novas tecnoloxías xerando novos comunicadores sen ser xornalistas. Alba afirma que non toda a información dispoñible e certa ou relevante, por iso para ofrecer unha información de calidade é necesario o papel do xornalista. “Pero se hai algo que aprendín ó longo destes catro anos é que unha cousa é ver e outra saber contar”, explica Naveira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario