viernes, 21 de mayo de 2010

Vantaxes e problemas da Internet no Xornalismo

Gemma R. Vega, Mercedes Rey e Borja Golán verten as súas opinións sobre o futuro do xornalismo no suplemento Universidade e no blog “Xornalismo no futuro” do xornal GaliciaHoxe. Estes tres estudantes de cuarto curso de xornalismo da Universidade de Santiago, centran os seus artigos na Internet e nas ameazas e vantaxes que este novo medio está creando na súa profesión.

Borja Golán mostrase positivo ante a irrupción da Internet. Para este mozo de 27 anos a Rede “non é unha ameaza para seguir practicando un xornalismo de calidade senón que máis ben é unha vantaxe que este ten que aproveitar”. Golán tamén apunta que outros medios estanse aproveitando da suposta crise da prensa escrita tras a chegada das novas tecnoloxías, como a televisión e a radio, que cada día gañan máis adeptos.

Mercedes, pola súa banda, opina que todos os medios se teñen que adaptar a este novo panorama mediático e non so os xornais se non tamén os medios audiovisuais que deberían aproveitar mellor Internet e non só usalo como un medio publicitario traspasando a súa información do medio tradicional a súa páxina na Rede. Segundo Rey “é preciso mudar as súas estructuras, contidos e formas de facer para diferenciarse do resto no marco das telecomunicacións.”

Gemma R. pola contra, cree que a Internet ten mais desvantaxes que vantaxes. Esta moza mostra un certo medo ante a sobrecarga de información que recibimos. “Cuestiono todo tipo de información por mor de que responda a intereses ocultos ou partidistas. E o peor, non podo volver a recorrer a un soporte físico porque temo que non estea tan ben actualizado como a rede”, explica Gemma. É certo que os medios hoxe en día manéxanse por intereses políticos ou económicos pero aínda que os xornalistas teñan que escribir o que o seu superior lles ordena, tamén poden decidir se facelo ou non, se publicar propaganda ou información, e somos nós os que temos que decidir que tipo de xornalismo queremos facer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario