martes, 25 de mayo de 2010

Pasado, presente e futuro do Xornalismo

Alba Pinto e Manuel Ródriguez son os últimos alumnos da materia 'Obradoiro de Aplicacións na Rede', que imparte Lois Celeiro Álvarez na Facultade de Ciencias de Comunicación da USC. Durante o último mes os futuros xornalistas presentaron no suplemento Universidade do Xornal Galicia Hoxe unha serie de artigos sobre como ven a súa profesión. Ademais este xornal tamén reuniu nun weblog estas colaboracións.

O artigo de Manuel céntrase no presente do xornalismo, na situación que actualmente vive a profesión. “Éncheselle a boca con todas estas verbas coma liberdade de expresión, democracia,… Pero a verdade achégase máis a un xornalista que funciona como altofalante de gobernos e grandes corporacións, silenciando información argumentando esa falacia de obxectividade (se se denuncia a alguén pouco importa que isto se basee en feitos irrefutables, pois estará o xornalista actuando de maneira imparcial)”. Pero este mozo tamén fala do futuro. Rodríguez dí “en internet podemos achar unha alternativa, con múltiples webs de contrainformación e de xornalismo cidadán”. Non sei ate que punto o xornalismo cidadá pode ser un futuro fiable. O chamado xornalismo cidadá da voz e converte en xornalistas os cidadáns de a pé, primeiro comunica e logo a sociedade filtra a información que quere recibir. Pola súa contra os medios primeiro filtran a información e logo comunican. Entón quen pode corroborar que sexa certa toda a maraña de información que hoxe en día circula na rede? Creo que este é o punto mais fraco da Internet, un aspecto que é necesario resolver primeiramente para non acabar nunha sociedade da desinformación.

Pola súa parte Alba Pinto mostra o pasado e o futuro do xornalismo. “O Xornalismo cambiou. Evolucionou en canto empezou a considerarse un negocio e as moedas comezaron a brillar máis que a tinta. Iso destrúe os soños que puidemos ter; pero tamén pode crear outros”, afirma Pinto. Quedo con esta frase de Alba, porque para min resume fielmente o pasado e presente do xornalismo e o pasado e futuro dos meus soños como profesional. Todos chegamos as aulas con esas ideas que A. Pinto describe e polo camiño fomos vendo que eran máis un soño que unha realidade, pero tamén os que seguimos confiando e crendo nesta profesión buscaremos unha nova vía para informar, obxectivamente e sen presións. Utopía ou realidade, nas nosas mans está o futuro da nosa profesión e dos nosos soños.

viernes, 21 de mayo de 2010

Vantaxes e problemas da Internet no Xornalismo

Gemma R. Vega, Mercedes Rey e Borja Golán verten as súas opinións sobre o futuro do xornalismo no suplemento Universidade e no blog “Xornalismo no futuro” do xornal GaliciaHoxe. Estes tres estudantes de cuarto curso de xornalismo da Universidade de Santiago, centran os seus artigos na Internet e nas ameazas e vantaxes que este novo medio está creando na súa profesión.

Borja Golán mostrase positivo ante a irrupción da Internet. Para este mozo de 27 anos a Rede “non é unha ameaza para seguir practicando un xornalismo de calidade senón que máis ben é unha vantaxe que este ten que aproveitar”. Golán tamén apunta que outros medios estanse aproveitando da suposta crise da prensa escrita tras a chegada das novas tecnoloxías, como a televisión e a radio, que cada día gañan máis adeptos.

Mercedes, pola súa banda, opina que todos os medios se teñen que adaptar a este novo panorama mediático e non so os xornais se non tamén os medios audiovisuais que deberían aproveitar mellor Internet e non só usalo como un medio publicitario traspasando a súa información do medio tradicional a súa páxina na Rede. Segundo Rey “é preciso mudar as súas estructuras, contidos e formas de facer para diferenciarse do resto no marco das telecomunicacións.”

Gemma R. pola contra, cree que a Internet ten mais desvantaxes que vantaxes. Esta moza mostra un certo medo ante a sobrecarga de información que recibimos. “Cuestiono todo tipo de información por mor de que responda a intereses ocultos ou partidistas. E o peor, non podo volver a recorrer a un soporte físico porque temo que non estea tan ben actualizado como a rede”, explica Gemma. É certo que os medios hoxe en día manéxanse por intereses políticos ou económicos pero aínda que os xornalistas teñan que escribir o que o seu superior lles ordena, tamén poden decidir se facelo ou non, se publicar propaganda ou información, e somos nós os que temos que decidir que tipo de xornalismo queremos facer.

O Xornalismo ten futuro

Como ven sendo habitual no último mes, este martes o Xornal GaliciaHoxe publica no seu suplemento Universidade e no seu blog “Xornalismo no futuro”, tres novos artigos dos alumnos de xornalismo da USC. Alba Naveira, Alba Chao e Fernando Barros mostran ante os lectores as súas inquedanzas e opinións sobre o futuro da súa profesión.
Barros da un título rotundo o seu artigo: “O xornalismo non ten futuro”, pero cando nos mergullamos no texto comprendemos o significado desta afirmación. A este alumno o que mais lle preocupa é o intrusismo que sofre a profesión. “Na nosa profesión cada vez aparecen máis historiadores, letrados, e mesmo científicos que especializados nos seus ámbitos, se van introducindo cada vez máis neste mundo desprazando dese xeito os xenuínos comunicadores”, afirma Fernando. A realidade é que moitos xornalistas que hoxe en día exercen, sobre todo en Galicia, non pasaron por ningunha facultade de Comunicación, sen embargo a experiencia laboral fainos coñecedores da profesión moito mellor que un xornalista recen licenciado.


Alba Chao cree no futuro do xornalismo pero só posible si os futuros xornalistas e os medios conseguen adaptarse as novas tecnoloxías. Ademais esta moza afirma que “nunca se poderá prescindir de persoas cualificadas que informen os cidadáns”, así que según Ela non debemos temer o futuro.

Alba Naveira pola súa parte fala do risco que teñen as novas tecnoloxías xerando novos comunicadores sen ser xornalistas. Alba afirma que non toda a información dispoñible e certa ou relevante, por iso para ofrecer unha información de calidade é necesario o papel do xornalista. “Pero se hai algo que aprendín ó longo destes catro anos é que unha cousa é ver e outra saber contar”, explica Naveira.

martes, 4 de mayo de 2010

Xornalismo: comunicación, realidade e obxectividade

Hoxe, martes catro de maio o xornal GaliciaHoxe publica no seu suplemento Universidade, como ven sendo habitual cada semana, os artigos de tres novos futuros xornalistas, estudantes da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Nesta ocasión as elixidas foron Julia Fontenla, Laura Torres e Verónica López. Como en anteriores artigos estas tres mozas coinciden en que o futuro da súa profesión está na rede.

Laura Torres, natural de Venezuela, aposta porque sexamos nós os que mudemos a forma de entender o xornalismo na rede, aínda que os estudantes desta profesión non contan coa teoría, os medios e a mentalidade necesaria para poder levar a cabo este cambio. A metodoloxía de ensino das facultades comeza a mostrar un certo interese polas novas tecnoloxías e o xornalismo dixital pero estamos no principio da revolución e só a través da experiencia e do propio interese poderemos avanzar cara a novas técnicas e formas de facer un xornalismo de calidade na rede.

“Pensamento crítico ante os feitos, nada é o que parece ate que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir”. Esta cita de Julia Fontenla resume moi ben a labor de calquera bo xornalista, sen embargo hoxe en día isto é mais unha utopía que unha realidade. O traballo nos gabinetes, a rapidez mediática que esixe esta profesión fan, que moitas veces esquezámonos dese pensamento crítico e de contrastar todas as fontes. Tanto a rede como o papel están infestados de notas de prensa que a propia fonte emite segundo os seus intereses; de opinións de xornalistas e cidadáns que as veces nos fan confundir a obxectividade dun feito coa subxectividade dá nosa visión. Como di Fontela está nas nosas mans “dar tódolos datos fieis á realidade”.

Novas vías de escape para o xornalismo: o futuro está na lingua

Outro martes mais, o Xornal GaliciaHoxe publica no suplemento Universidade os artigos de tres novos estudantes de xornalismo da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Estes mozos opinan sobre o seu futuro profesional sen pelos na lingua.
Tanto Rocío Álvarez, como Santiago Agra e Marta Rial encamiñan a súa profesión ó ciberespazo. Ademais como os seus anteriores compañeiros falan de incerteza e temor aínda que avogan porque a figura do xornalista non desaparecerá.
Santiago Agra introduce unha nova vía de escape a crise que vive o sector. Para este mozo compostelán o uso do galego na rede abre a porta á comunidade lusófona, “un universo emerxente tanto política como economicamente en África e América”, engade.
Quizais o aspecto mais significativo dos artigos de Rocío e Marta son esa certeza, a única que mostran, de que os xornalistas non desaparecerán xa que como apunta Rial “a responsabilidade que esixen as noticias fai que teñan que estar feitas por profesionais”.

Aplicación: descubregalicia

Descubre Galicia é un portal web que nos ofrece a posibilidade de facer un percorrido virtual de 360º por vilas e lugares de Galicia sen movernos da nosa casa. Con contidos en catro idiomas (galego, español, francés e inglés), está concibido como unha sinxela e práctica ferramenta de promoción turística da Comunidade galega.

O sitio conta con gran cantidade de información acerca de corenta e sete cidades e lugares de interese de Galicia son: A Coruña, A Estrada, A Guarda, Allariz, Baiona, Barro A Barosa, Bertamiráns, Boiro, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, Carballedo, Catoira, Fisterra, Fragas do Eume, Gondomar Illa da Toxa, Illa de Arousa, Illa de San Simón, Illas Cíes, Lugo, Marín Meis, Melide, Moaña, Moraña, Muxía, Nigrán, O Barco de Valedoras, O Grove, Oia, Ourense, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Portemaceira, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Santiago, Sansenxo, Soutomaior, Tui, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Viveiro e Xinzo da Limia. Permite que visites virtualmente distintos espazos destas cidades cun so golpe de rato sobre uns pequenos ollos laranxas que aparecen na imaxe, ademais, nalgúns casos, ofrécenos información sobre aloxamento, cafés e pubs, centros comerciais, exposicións e lugares con dispoñibilidade de Internet, entre outros. En canto aos contidos de imaxes, poden realizarse tours virtuais, ver fotografías, vídeos, mapas e mapas satélites.
En tanto, para saber un pouco máis de cada sitio, a información complétase con datos tales como: como chegar, xeografía, historia e festas do lugar.

Ademais, o portal explica e percorre as rutas do camiño portugués de Santiago de Compostela e o Camiño pola Costa de maneira virtual, seguíndoas nun mapa, brindando información de cada cidade e con vistas en 360° deses destinos.

Tamén ofrece un menú con datos de interese tales como links con Meteogalicia, Crtvga, reservas online, enlaces dalgúns lugares como as Rías baixas ou información sobre preguntas frecuentes ou productos típicos galegos, ademais dun enlace coa rede social Facebook.

O portal tamén da a posibilidade de visitar outras cidades do mundo a través dun link coa páxina VirtualPlanet360. Tamén podes recomendar o lugar ou coñecer todas as novas relacionadas coa páxina nos medios.

Verónica López Oseira

Movilidad de la población y migraciones en áreas urbanas de España y Portugal

Título: Movilidad de la población y migraciones en áreas urbanas de España y Portugal
Autor: Julio Hernández Borge (coord.), Domingo L. González Lopo (coord.)
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
Lugar e ano: Santiago de Compostela 2009

Este libro recolle as Actas do VII Coloquio Internacional organizado pola Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da Universdiade de Santiago de Compostela e desenvolvido na cidade compostelá os días 27 e 28 de novembro de 2008.

A obra reúne os textos dos relatorios presentados neste Coloquio por xeógrafos e historiadores tales como: Xullo Hernández Borge, Domingo L. González Lopo, Andrés Precedo Ledo, Aclamación Manuel Migués, Alfredo Martín García, Maria Antónia Lopes, Álvaro Ferreira dá Silva, Xullo Vinuesa Angulo, Isabel Poxadas Rúbies, José Antonio Díaz Fernández e Jorge Malheiros. As aportacións destes expertos dan unha clara imaxe dos diferentes movementos espaciais dá poboación tanto no Antigo Réxime como na época actual nas áreas urbanas de España e Portugal.

Xullo Hernández, presidente do Comité Organizador do Coloquio e Domingo L. González Lopo, secretario do Comité Organizador, ambos profesores da Universidade de Santiago de Compostela, editan este libro que inclúe abundantes gráficos, táboas e bibliografía especializada en cada uns dos textos dos diferentes autores, ademais dun anexo sobre as migracións nas cidades galegas e periferias do Doutor Hernández Borge. Este non é o primeiro título da Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da Universidade de Santiago, posto que xa son seis os libros que recollen as Actas destes Coloquios.

Este título, como explica Domingo L. González, tenta centrase monográficamente no tema das migracións e da mobilidade da poboación en relación coas cidades, tanto das migracións propiamente ditas como da mobilidade habitual da poboación. Aínda que xa fora un tema recorrente en anteriores Coloquios, sen dúbida, esta obra recolle amplamente os principais movementos espaciais da poboación relacionados coas urbes en España e Portugal.

Rocío Álvarez e Verónica López