martes, 25 de mayo de 2010

Pasado, presente e futuro do Xornalismo

Alba Pinto e Manuel Ródriguez son os últimos alumnos da materia 'Obradoiro de Aplicacións na Rede', que imparte Lois Celeiro Álvarez na Facultade de Ciencias de Comunicación da USC. Durante o último mes os futuros xornalistas presentaron no suplemento Universidade do Xornal Galicia Hoxe unha serie de artigos sobre como ven a súa profesión. Ademais este xornal tamén reuniu nun weblog estas colaboracións.

O artigo de Manuel céntrase no presente do xornalismo, na situación que actualmente vive a profesión. “Éncheselle a boca con todas estas verbas coma liberdade de expresión, democracia,… Pero a verdade achégase máis a un xornalista que funciona como altofalante de gobernos e grandes corporacións, silenciando información argumentando esa falacia de obxectividade (se se denuncia a alguén pouco importa que isto se basee en feitos irrefutables, pois estará o xornalista actuando de maneira imparcial)”. Pero este mozo tamén fala do futuro. Rodríguez dí “en internet podemos achar unha alternativa, con múltiples webs de contrainformación e de xornalismo cidadán”. Non sei ate que punto o xornalismo cidadá pode ser un futuro fiable. O chamado xornalismo cidadá da voz e converte en xornalistas os cidadáns de a pé, primeiro comunica e logo a sociedade filtra a información que quere recibir. Pola súa contra os medios primeiro filtran a información e logo comunican. Entón quen pode corroborar que sexa certa toda a maraña de información que hoxe en día circula na rede? Creo que este é o punto mais fraco da Internet, un aspecto que é necesario resolver primeiramente para non acabar nunha sociedade da desinformación.

Pola súa parte Alba Pinto mostra o pasado e o futuro do xornalismo. “O Xornalismo cambiou. Evolucionou en canto empezou a considerarse un negocio e as moedas comezaron a brillar máis que a tinta. Iso destrúe os soños que puidemos ter; pero tamén pode crear outros”, afirma Pinto. Quedo con esta frase de Alba, porque para min resume fielmente o pasado e presente do xornalismo e o pasado e futuro dos meus soños como profesional. Todos chegamos as aulas con esas ideas que A. Pinto describe e polo camiño fomos vendo que eran máis un soño que unha realidade, pero tamén os que seguimos confiando e crendo nesta profesión buscaremos unha nova vía para informar, obxectivamente e sen presións. Utopía ou realidade, nas nosas mans está o futuro da nosa profesión e dos nosos soños.

viernes, 21 de mayo de 2010

Vantaxes e problemas da Internet no Xornalismo

Gemma R. Vega, Mercedes Rey e Borja Golán verten as súas opinións sobre o futuro do xornalismo no suplemento Universidade e no blog “Xornalismo no futuro” do xornal GaliciaHoxe. Estes tres estudantes de cuarto curso de xornalismo da Universidade de Santiago, centran os seus artigos na Internet e nas ameazas e vantaxes que este novo medio está creando na súa profesión.

Borja Golán mostrase positivo ante a irrupción da Internet. Para este mozo de 27 anos a Rede “non é unha ameaza para seguir practicando un xornalismo de calidade senón que máis ben é unha vantaxe que este ten que aproveitar”. Golán tamén apunta que outros medios estanse aproveitando da suposta crise da prensa escrita tras a chegada das novas tecnoloxías, como a televisión e a radio, que cada día gañan máis adeptos.

Mercedes, pola súa banda, opina que todos os medios se teñen que adaptar a este novo panorama mediático e non so os xornais se non tamén os medios audiovisuais que deberían aproveitar mellor Internet e non só usalo como un medio publicitario traspasando a súa información do medio tradicional a súa páxina na Rede. Segundo Rey “é preciso mudar as súas estructuras, contidos e formas de facer para diferenciarse do resto no marco das telecomunicacións.”

Gemma R. pola contra, cree que a Internet ten mais desvantaxes que vantaxes. Esta moza mostra un certo medo ante a sobrecarga de información que recibimos. “Cuestiono todo tipo de información por mor de que responda a intereses ocultos ou partidistas. E o peor, non podo volver a recorrer a un soporte físico porque temo que non estea tan ben actualizado como a rede”, explica Gemma. É certo que os medios hoxe en día manéxanse por intereses políticos ou económicos pero aínda que os xornalistas teñan que escribir o que o seu superior lles ordena, tamén poden decidir se facelo ou non, se publicar propaganda ou información, e somos nós os que temos que decidir que tipo de xornalismo queremos facer.

O Xornalismo ten futuro

Como ven sendo habitual no último mes, este martes o Xornal GaliciaHoxe publica no seu suplemento Universidade e no seu blog “Xornalismo no futuro”, tres novos artigos dos alumnos de xornalismo da USC. Alba Naveira, Alba Chao e Fernando Barros mostran ante os lectores as súas inquedanzas e opinións sobre o futuro da súa profesión.
Barros da un título rotundo o seu artigo: “O xornalismo non ten futuro”, pero cando nos mergullamos no texto comprendemos o significado desta afirmación. A este alumno o que mais lle preocupa é o intrusismo que sofre a profesión. “Na nosa profesión cada vez aparecen máis historiadores, letrados, e mesmo científicos que especializados nos seus ámbitos, se van introducindo cada vez máis neste mundo desprazando dese xeito os xenuínos comunicadores”, afirma Fernando. A realidade é que moitos xornalistas que hoxe en día exercen, sobre todo en Galicia, non pasaron por ningunha facultade de Comunicación, sen embargo a experiencia laboral fainos coñecedores da profesión moito mellor que un xornalista recen licenciado.


Alba Chao cree no futuro do xornalismo pero só posible si os futuros xornalistas e os medios conseguen adaptarse as novas tecnoloxías. Ademais esta moza afirma que “nunca se poderá prescindir de persoas cualificadas que informen os cidadáns”, así que según Ela non debemos temer o futuro.

Alba Naveira pola súa parte fala do risco que teñen as novas tecnoloxías xerando novos comunicadores sen ser xornalistas. Alba afirma que non toda a información dispoñible e certa ou relevante, por iso para ofrecer unha información de calidade é necesario o papel do xornalista. “Pero se hai algo que aprendín ó longo destes catro anos é que unha cousa é ver e outra saber contar”, explica Naveira.

martes, 4 de mayo de 2010

Xornalismo: comunicación, realidade e obxectividade

Hoxe, martes catro de maio o xornal GaliciaHoxe publica no seu suplemento Universidade, como ven sendo habitual cada semana, os artigos de tres novos futuros xornalistas, estudantes da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Nesta ocasión as elixidas foron Julia Fontenla, Laura Torres e Verónica López. Como en anteriores artigos estas tres mozas coinciden en que o futuro da súa profesión está na rede.

Laura Torres, natural de Venezuela, aposta porque sexamos nós os que mudemos a forma de entender o xornalismo na rede, aínda que os estudantes desta profesión non contan coa teoría, os medios e a mentalidade necesaria para poder levar a cabo este cambio. A metodoloxía de ensino das facultades comeza a mostrar un certo interese polas novas tecnoloxías e o xornalismo dixital pero estamos no principio da revolución e só a través da experiencia e do propio interese poderemos avanzar cara a novas técnicas e formas de facer un xornalismo de calidade na rede.

“Pensamento crítico ante os feitos, nada é o que parece ate que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir”. Esta cita de Julia Fontenla resume moi ben a labor de calquera bo xornalista, sen embargo hoxe en día isto é mais unha utopía que unha realidade. O traballo nos gabinetes, a rapidez mediática que esixe esta profesión fan, que moitas veces esquezámonos dese pensamento crítico e de contrastar todas as fontes. Tanto a rede como o papel están infestados de notas de prensa que a propia fonte emite segundo os seus intereses; de opinións de xornalistas e cidadáns que as veces nos fan confundir a obxectividade dun feito coa subxectividade dá nosa visión. Como di Fontela está nas nosas mans “dar tódolos datos fieis á realidade”.

Novas vías de escape para o xornalismo: o futuro está na lingua

Outro martes mais, o Xornal GaliciaHoxe publica no suplemento Universidade os artigos de tres novos estudantes de xornalismo da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Estes mozos opinan sobre o seu futuro profesional sen pelos na lingua.
Tanto Rocío Álvarez, como Santiago Agra e Marta Rial encamiñan a súa profesión ó ciberespazo. Ademais como os seus anteriores compañeiros falan de incerteza e temor aínda que avogan porque a figura do xornalista non desaparecerá.
Santiago Agra introduce unha nova vía de escape a crise que vive o sector. Para este mozo compostelán o uso do galego na rede abre a porta á comunidade lusófona, “un universo emerxente tanto política como economicamente en África e América”, engade.
Quizais o aspecto mais significativo dos artigos de Rocío e Marta son esa certeza, a única que mostran, de que os xornalistas non desaparecerán xa que como apunta Rial “a responsabilidade que esixen as noticias fai que teñan que estar feitas por profesionais”.

Aplicación: descubregalicia

Descubre Galicia é un portal web que nos ofrece a posibilidade de facer un percorrido virtual de 360º por vilas e lugares de Galicia sen movernos da nosa casa. Con contidos en catro idiomas (galego, español, francés e inglés), está concibido como unha sinxela e práctica ferramenta de promoción turística da Comunidade galega.

O sitio conta con gran cantidade de información acerca de corenta e sete cidades e lugares de interese de Galicia son: A Coruña, A Estrada, A Guarda, Allariz, Baiona, Barro A Barosa, Bertamiráns, Boiro, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, Carballedo, Catoira, Fisterra, Fragas do Eume, Gondomar Illa da Toxa, Illa de Arousa, Illa de San Simón, Illas Cíes, Lugo, Marín Meis, Melide, Moaña, Moraña, Muxía, Nigrán, O Barco de Valedoras, O Grove, Oia, Ourense, Padrón, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Portemaceira, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Santiago, Sansenxo, Soutomaior, Tui, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Viveiro e Xinzo da Limia. Permite que visites virtualmente distintos espazos destas cidades cun so golpe de rato sobre uns pequenos ollos laranxas que aparecen na imaxe, ademais, nalgúns casos, ofrécenos información sobre aloxamento, cafés e pubs, centros comerciais, exposicións e lugares con dispoñibilidade de Internet, entre outros. En canto aos contidos de imaxes, poden realizarse tours virtuais, ver fotografías, vídeos, mapas e mapas satélites.
En tanto, para saber un pouco máis de cada sitio, a información complétase con datos tales como: como chegar, xeografía, historia e festas do lugar.

Ademais, o portal explica e percorre as rutas do camiño portugués de Santiago de Compostela e o Camiño pola Costa de maneira virtual, seguíndoas nun mapa, brindando información de cada cidade e con vistas en 360° deses destinos.

Tamén ofrece un menú con datos de interese tales como links con Meteogalicia, Crtvga, reservas online, enlaces dalgúns lugares como as Rías baixas ou información sobre preguntas frecuentes ou productos típicos galegos, ademais dun enlace coa rede social Facebook.

O portal tamén da a posibilidade de visitar outras cidades do mundo a través dun link coa páxina VirtualPlanet360. Tamén podes recomendar o lugar ou coñecer todas as novas relacionadas coa páxina nos medios.

Verónica López Oseira

Movilidad de la población y migraciones en áreas urbanas de España y Portugal

Título: Movilidad de la población y migraciones en áreas urbanas de España y Portugal
Autor: Julio Hernández Borge (coord.), Domingo L. González Lopo (coord.)
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
Lugar e ano: Santiago de Compostela 2009

Este libro recolle as Actas do VII Coloquio Internacional organizado pola Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da Universdiade de Santiago de Compostela e desenvolvido na cidade compostelá os días 27 e 28 de novembro de 2008.

A obra reúne os textos dos relatorios presentados neste Coloquio por xeógrafos e historiadores tales como: Xullo Hernández Borge, Domingo L. González Lopo, Andrés Precedo Ledo, Aclamación Manuel Migués, Alfredo Martín García, Maria Antónia Lopes, Álvaro Ferreira dá Silva, Xullo Vinuesa Angulo, Isabel Poxadas Rúbies, José Antonio Díaz Fernández e Jorge Malheiros. As aportacións destes expertos dan unha clara imaxe dos diferentes movementos espaciais dá poboación tanto no Antigo Réxime como na época actual nas áreas urbanas de España e Portugal.

Xullo Hernández, presidente do Comité Organizador do Coloquio e Domingo L. González Lopo, secretario do Comité Organizador, ambos profesores da Universidade de Santiago de Compostela, editan este libro que inclúe abundantes gráficos, táboas e bibliografía especializada en cada uns dos textos dos diferentes autores, ademais dun anexo sobre as migracións nas cidades galegas e periferias do Doutor Hernández Borge. Este non é o primeiro título da Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da Universidade de Santiago, posto que xa son seis os libros que recollen as Actas destes Coloquios.

Este título, como explica Domingo L. González, tenta centrase monográficamente no tema das migracións e da mobilidade da poboación en relación coas cidades, tanto das migracións propiamente ditas como da mobilidade habitual da poboación. Aínda que xa fora un tema recorrente en anteriores Coloquios, sen dúbida, esta obra recolle amplamente os principais movementos espaciais da poboación relacionados coas urbes en España e Portugal.

Rocío Álvarez e Verónica López

Os novos xornalistas coinciden: o futuro da profesión está no ciberespacio

Jorge Lema, Karina Rivero e Andrea Carcacía son os tres estudantes da facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago que esta semana opinan sobre o futuro da súa profesión no suplemento Universidade do xornal GaliciaHoxe. Ademais desde agora o xornal conta cun blog titulado Xornalismo no futuro onde recolle os artigos destes futuros profesionais.
A pasada semana foi a quenda de Duarte Romero e Deborah Castro que como Jorge, Karina e Andrea opinan que o futuro do xornalismo esta na rede. Ademais todos mostran nos seus artigos unha certa inquedanza polos vindeiros anos.

Karina é unha moza de Xinzo da Límia que se define como “inxenua, soñadora e con metas espaciais”. No seu artigos reflexiona sobre os novos espazos donde facer xornalismo. Rivero plantéxase unha serie de preguntas sobre o problema do negocio da prensa. “Por que pagar por algo que podo ter gratis?...Estan os medios cavando a súa propia tumba?” di esta estudante. Todos os lectores se fan a mesma pregunta, pero a cuestión é se hai solución. Según Karina se ha publicidade é a principal fonte de ingresos dos medios, os novos espazos tamén ofrecen esa posibilidade.

Outro dos estudantes de xornalismo elexido por GaliciaHoxe para falar sobre o seu futuro profesional é Jorge Lema. Este mozo da Costa da Morte, apaixoado dos deportes ten vinte dous anos e está a piques de rematar a carreira. Como a maioría dos seus compañeiros de aulas ve o futuro con incertidume. No seu artigo Jorge asegura que “a única saída posible é mellorar; traballar para ofrecer cada día algo mellor”.

Pola súa parte, Andrea Carcacía, como os anteriores estudantes cre que o futuro da súa profesión está en Internet, pero ademais incorpora no seu discurso un novo aspecto fundamental no xornalismo actual, a participación cidadá. Para esta moza ourensá “é necesario modernizarse pero tamén que os xornalistas realicen a súa tarefa de ir máis alá dos feitos e de darlle un toque humano”, ademais añade que “sen eles, o xornalismo non sería puro xornalismo”.

martes, 13 de abril de 2010

Novos profesionais para un novo xornalismo

Duarte Romero Varela e Deborah Castro Mariño son dous estudantes de xornalismo de cuarto curso dá facultade de Ciencias de ComunicaciónUniversidade de Santiago. As portas de converterse en licenciados, reflexionan sobre o futuro dá súa profesión no suplemento Universidade do xornal GaliciaHoxe

Deborah sempre tivo moi clara a súa vocación “ao fin e ao cabo, e como dixo García Márquez, o xornalismo é o meior oficio do mundo”, afirma esta moza de Vilagarcía de Arousa. Sen embargo os cambios que sofre actualmente esta disciplina coa irrupción de Internet, crean unha certa inquedanza en Castro Mariño. Segundo cre Deborah “de que serven estes cambios se o xornalismo continúa enfermo de gravidade, se hai xornalistas que desexan abandonar a profesión?”. A solución segundo esta futura profesional é sinxela, “só nós, os xornalistas do presente e do futuro, poderemos recuperar a súa dignidade”.

Duarte ten vinte e un anos e como calquer mozo deste século as súas formas de acceder a información distan moito dos métodos usados por algúns dos seus profesores. “Non se me ocorre mercar o xornal nada máis saír dá casa, prefiro prender o computador” explica este mozo naronés. Ao igual que a súa compañeira, destaca a metamorfose que está a sufrir o xornalismo coas novas tecnoloxías e preguntase si a resposta a este cambio non será a creación de novas linguaxes que se adapten ós novos soportes na rede.

Deborah Castro e Duarte Romero son os primeiros dunha serie de alumnos de Obradoiro de Aplicacións na Rede, materia que imparte o profesor Luís Celeiro, que deixarán plasmadas as súas opinións sobre o futuro do xornalismo nas páxinas do xornal GaliciaHoxe.


Verónica López Oseira

miércoles, 24 de marzo de 2010

Un futuro incerto

A crise e a tecnoloxía ameazan o meu futuro. Cada ano aumentan os licenciados o tempo que se reducen as redaccións. Internet está a mudar a maneira tradicional de facer xornalismo e agora todos podemos chegar a ser xornalistas. Deixando de lado a obsoleta metodoloxía de ensinanza que creo que recibimos, que polo que levo comprobado dista moito dá realidade profesional coa que nos atopamos o saír dá facultade, na miña opinión o principal problema do xornalismo actual é que a profesión non evoluciona o mesmo tempo que as novas tecnoloxías. Un claro exemplo desta discordancia son os xornais dixitais. A maioría destes nacen como copias na web do xornal en papel. Así mesmo outros medios como a televisión e a radio usan a web como un soporte publicitario e non como outra alternativa de comunicación. Supoño que como en todos os negocios, e o xornalismo hoxe en día é un mais, o problema radica en como gañar cartos a través dun medio tan incontrolable. Non creo que aínda sexa o final dos xornais de rotativa, polo menos non noso país, posto que a banda ancha en España aínda é moi cara e non é accesible a toda a poboación. Creo que a miña opción despois de oito anos de formación, tras os meus estudos de historia e xornalismo, será continuar aprendendo e especializarme nun campo porque a competencia é dura e mais nos tempos que corren. Desde cativa quixen ser xornalista ou escritora non seu defecto, e dende logo agora non me vou render por mui incerto que sexa futuro, sempre hai opcións e si me teño que adaptar a novos soportes e novas formas de facer xornalismo fareino sen dudalo.

Interactividade en El Correo Gallego

A versión dixital do xornal El Correo Gallego ofrece os lectores a interactividade co medio a través dá sección “Participa”. Neste apartado os lectores poden votar sen necesidade de rexistrarse nas enquisas. Ademais esta sección tamén ofrece a posibilidade de rexistrarse para poder deixar comentarios nas novas, participar nos foros ou gozar dás promocións e concursos que ofrece este xornal. Os datos que solicitan para o rexistro son: nome, dirección de correo electrónico, un alias e unha clave.Estes datos valídanse a través do correo electrónico. Outro dos apartados que atopamos en “Participa” é “Así no”, un espazo donde aparecen as fotos denuncia que os usuarios envían o xornal acompañados dun comentario. Para envíala so temos que mandar a foto, deixar o noso nome ou alias, unha dirección de correo electrónico, o lugar e a data dá fotografía e un pequeno comentario sobre o que podemos ver. Se picamos neste link desvíanos directamente a sección de “Opinión” onde o lector tamén pode participar a través de dous apartados: “Envíanos a túa foto denuncia” ou Envíanos a túa carta”. Neste último apartado indícase que as cartas non deben exceder as 20 líñas mecanografiadas ou os 1.500 caracteress. Tamén especificase que non se admitiran textos escritos integramente en maiúsculas, nin con formato enriquecido ou xustificados previamente. É imprescindible que o autor se identifíque co seu nome completo, número de DNI ou pasaporte, teléfono de contacto, lugar de envío e correo electrónico. Para enviar a carta os usuarios poden cubrir o apartado formulado que se inclue nesta páxina ou enviándoa por correo electrónico a cartasaldirector@elcorreogallego.es O xornal reservase o dereito de publicar estas cartas na edición dixital e na impresa, así como de resumilas ou extractalas cando o considere oportuno. Ademais si so queremos enviar unha resposta a calquera dás cartas que se publiquen, non debemos incluír datos persoais na mensaxe.


Mais Servizos

Na cabeceira de cada nova o xornal ofrece a posibilidade de votar esa información, marcando unha serie de estrelas, sen necesidade de estar rexistrado. Tamén aparece o número de comentarios que ten o artigo e a posibilidade de compartilo nunha rede social (Twitter ou Facebook). Ademais o usuario tamén pode imprimilo, aumentalo ou disminuilo de tamaño e recomendalo.

O xornal tamén ofrece un buscador tanto dá web como dá rede. O buscador dá web é bastante sinxelo e práctico xa que as novas aparecen por data directamente, dás máis novas as mais antigas. Sinalo este aspecto porque eu como usuaria diaria deste servizo atopo moita diferenza entre o buscador de El Correo Gallego e buscadores doutros xornais como La Voz de Galicia, o Faro de Vigo ou El Progreso, xa que a procura é mais complexa e necesitas dar moitos mais datos para que aparezan as novas mais recentes. No caso deste xornal dixital con so introducir a palabra crave xa aparecen todas as novas relacionadas co termo ordenadas por data, dá mais recente a mais antiga.