martes, 13 de abril de 2010
Novos profesionais para un novo xornalismo
Deborah sempre tivo moi clara a súa vocación “ao fin e ao cabo, e como dixo García Márquez, o xornalismo é o meior oficio do mundo”, afirma esta moza de Vilagarcía de Arousa. Sen embargo os cambios que sofre actualmente esta disciplina coa irrupción de Internet, crean unha certa inquedanza en Castro Mariño. Segundo cre Deborah “de que serven estes cambios se o xornalismo continúa enfermo de gravidade, se hai xornalistas que desexan abandonar a profesión?”. A solución segundo esta futura profesional é sinxela, “só nós, os xornalistas do presente e do futuro, poderemos recuperar a súa dignidade”.
Duarte ten vinte e un anos e como calquer mozo deste século as súas formas de acceder a información distan moito dos métodos usados por algúns dos seus profesores. “Non se me ocorre mercar o xornal nada máis saír dá casa, prefiro prender o computador” explica este mozo naronés. Ao igual que a súa compañeira, destaca a metamorfose que está a sufrir o xornalismo coas novas tecnoloxías e preguntase si a resposta a este cambio non será a creación de novas linguaxes que se adapten ós novos soportes na rede.
Deborah Castro e Duarte Romero son os primeiros dunha serie de alumnos de Obradoiro de Aplicacións na Rede, materia que imparte o profesor Luís Celeiro, que deixarán plasmadas as súas opinións sobre o futuro do xornalismo nas páxinas do xornal GaliciaHoxe.
Verónica López Oseira
miércoles, 24 de marzo de 2010
Un futuro incerto
Interactividade en El Correo Gallego
A versión dixital do xornal El Correo Gallego ofrece os lectores a interactividade co medio a través dá sección “Participa”. Neste apartado os lectores poden votar sen necesidade de rexistrarse nas enquisas. Ademais esta sección tamén ofrece a posibilidade de rexistrarse para poder deixar comentarios nas novas, participar nos foros ou gozar dás promocións e concursos que ofrece este xornal. Os datos que solicitan para o rexistro son: nome, dirección de correo electrónico, un alias e unha clave.Estes datos valídanse a través do correo electrónico. Outro dos apartados que atopamos en “Participa” é “Así no”, un espazo donde aparecen as fotos denuncia que os usuarios envían o xornal acompañados dun comentario. Para envíala so temos que mandar a foto, deixar o noso nome ou alias, unha dirección de correo electrónico, o lugar e a data dá fotografía e un pequeno comentario sobre o que podemos ver. Se picamos neste link desvíanos directamente a sección de “Opinión” onde o lector tamén pode participar a través de dous apartados: “Envíanos a túa foto denuncia” ou “Envíanos a túa carta”. Neste último apartado indícase que as cartas non deben exceder as 20 líñas mecanografiadas ou os 1.500 caracteress. Tamén especificase que non se admitiran textos escritos integramente en maiúsculas, nin con formato enriquecido ou xustificados previamente. É imprescindible que o autor se identifíque co seu nome completo, número de DNI ou pasaporte, teléfono de contacto, lugar de envío e correo electrónico. Para enviar a carta os usuarios poden cubrir o apartado formulado que se inclue nesta páxina ou enviándoa por correo electrónico a cartasaldirector@elcorreogallego.es O xornal reservase o dereito de publicar estas cartas na edición dixital e na impresa, así como de resumilas ou extractalas cando o considere oportuno. Ademais si so queremos enviar unha resposta a calquera dás cartas que se publiquen, non debemos incluír datos persoais na mensaxe.
Mais Servizos
Na cabeceira de cada nova o xornal ofrece a posibilidade de votar esa información, marcando unha serie de estrelas, sen necesidade de estar rexistrado. Tamén aparece o número de comentarios que ten o artigo e a posibilidade de compartilo nunha rede social (Twitter ou Facebook). Ademais o usuario tamén pode imprimilo, aumentalo ou disminuilo de tamaño e recomendalo.
O xornal tamén ofrece un buscador tanto dá web como dá rede. O buscador dá web é bastante sinxelo e práctico xa que as novas aparecen por data directamente, dás máis novas as mais antigas. Sinalo este aspecto porque eu como usuaria diaria deste servizo atopo moita diferenza entre o buscador de El Correo Gallego e buscadores doutros xornais como